miércoles, 1 de abril de 2020

ACTIVIDADE 5º e 6º -DANZA-

BOAS A TOD@S!
Aquí vos deixo a danza que estabamos empezando a traballar en clase para que a poidades, cando menos, practicar na casa coa axuda dos vosos familiares os pasos que xa coñecedes. Se alguén se anima a intentar os seguintes que o faga! Ánimo e saúdos!
(Nota: debaixo do vídeo tendes o audio en boa calidade)


ACTIVIDADE 4º DE PRIMARIA -RITMO-

BOAS A TOD@S!
Aquí vos deixo unha interesante actividade rítmica para practicar estes días. 
É a mesma que teñen para practicar en 3º, pero con algunha pequena dificultade máis. 

-Primeiro, practicade o exercicio 1 e o exercicio 2 por separado.
Podedes empregar o voso corpo, instrumentos musicais, ou calquer cousa que teñades por casa. Viva a imaxinación! Lembrade dicir TA ou TITI segundo corresponda. 

-Despois tendes que pedir a algún familiar que vos axude a interpretar xuntos os dous exercicios á vez. É dicir, mentres un interpreta o número 1) o outro interpreta o número 2) ao mesmo tempo, o que dará como resultado unha fermosa polirritmia.
Ánimo e saúdos!
(Nota: A segunda folla é un erro. Non lle fagades nin caso)

ACTIVIDADE 3º DE PRIMARIA -RITMO-

BOAS A TOD@S!
Aquí tendes unha interesante actividade rítmica para practicar estes días. Non é necesario que saia ben á primeira, tomádevos o tempo que faga falta. 
Podedes empezar polo exercicio 1 e despois o número 2. 
Para percutir, podedes empregar o voso corpo, instrumentos musicais ou calquer cousa que teñades por casa. Lembrade dicir TA ou TITI mentras percutides.
Invitade a participar aos vosos familiares!
Saúdos!
(NOTA: A segunda folla é un erro. Non lle fagades nin caso)

ACTIVIDADE 2º DE PRIMARIA -RITMO-

BOAS A TOD@S!
Aquí tendes unha entretida actividade rítmica para practicar estes días.
Podedes percutila co voso corpo, con instrumentos musicais ou por casa, como queirades!
Lembrade dicir TA ou TITI segundo corresponda mentres percutides, e invitade aos vosos familiares a participar!
Saúdos!
SAÚDOS!

ACTIVIDADE 1º DE PRIMARIA -RITMO-

Boas a tod@s!
Aquí tendes unha actividade rítmica para practicar na casa.
Podedes empregar o voso corpo (palmas, peito, pisar...) instrumentos musicais, bater nunha mesa... O que queirades!
É moi importante que non o intentedes facer ben á primeira, practicádeo as veces que faga falta e... non vos esquecer de dicir PAN e SOPA mentres tocades!
Animade aos vosos familiares a percutir convosco!
Ah, e por último, se queredes podedes descargar a actividade para pintar.

Saúdos!

1ª parte:

2ª parte: