BOAS A TOD@S!
Aquí vos deixo unha interesante actividade rítmica para practicar estes días.
É a mesma que teñen para practicar en 3º, pero con algunha pequena dificultade máis.
-Primeiro, practicade o exercicio 1 e o exercicio 2 por separado.
Podedes empregar o voso corpo, instrumentos musicais, ou calquer cousa que teñades por casa. Viva a imaxinación! Lembrade dicir TA ou TITI segundo corresponda.
-Despois tendes que pedir a algún familiar que vos axude a interpretar xuntos os dous exercicios á vez. É dicir, mentres un interpreta o número 1) o outro interpreta o número 2) ao mesmo tempo, o que dará como resultado unha fermosa polirritmia.
Ánimo e saúdos!
(Nota: A segunda folla é un erro. Non lle fagades nin caso)
No hay comentarios:
Publicar un comentario